martes, 19 de febrero de 2008

A creacción dun cómic

Ola hai tempo que non escribo algo e hoxe vouvos contar a elaboración dun cómic que fixemos na clase de técnicas de expresión escrita.

Despois das vacacións de nadal a profesora mandou a catro ou cinco persoas que contaran unha película que viran. Logo fixemos grupos de tres ou catro persoas e a min tocoume con Manuel e Adrián Pereira. O primeiro foi escribir unha historia xuntando os resumos das películas. Máis tarde elaborámolo en sucio e cando xa o tiñamos listo buscamos as persoaxes en Internet. Cando xa tiñamos o material preparado repartimos o traballo: uns pintaban e outros debuxaban.
Para rematar fixemos un informe sobre como o elaboráramos e porque o fixéramos así, e pegámolo nunha cartulina.

Un saúdo e ata a próxima...........

Don´t stop the music