jueves, 29 de mayo de 2008

A casa misteriosa.

Un día estaba un grupo de rapaces xogando no parque cando, un deles viu ó lonxe unha casa moi grande e algo extraña. Decidiron ir ata alí todos e mirar o que era. Cando chegaron alí descubriron que naquela grande casa vivía unha rapaza de curta idade. Os rapaces decidiron entrar alí e descubrir algo máis dela.



Ó principio cando a viron naquel salón tan grande non sabían que facer pero logo comezaron a falar con ela. Andrea asustada díxolles que vivía soa debido a que seus pais faleceran e non tiña ningún familiar que a coidara. Era unha rapaza con cabelo longo e loiro, non moi alta xa que só tiña dez anos, era delgada. Os seus ollos azuis eran pequenos igual que a súa boca, o seu nariz e as súas orellas.

Tiña un caráter moi bo xa que, era unha rapaza moi positiva aínda que algo vergoñenta.



Ela contoulles que naquela casa se sentía moi soa debido a que dende que morreran seus pais non falara con ninguén, era coas primeiras persoas que conversaba. Cando os rapaces se deron conta da hora que era decidiron marchar, pero prometéronlle á rapaza que ó día seguinte volverían.



Cando chegaron chegaron alí ó día seguinte decidiron ir dar un paseo todos xuntos para mostrarlle como era aquel lugar. Cando regresaron de dar o paseo a aquela casa sentían que alguén os vixiaba. Déronse a volta e viron a un extraño home na cociña. Escaparon todos asustados de alí e levaron a Andrea para unha casa que tiñan nun lugar que solían habitar xa que, ela non quería volver para aquel lugar logo de ver a aquel home. Dende aquela ela viviu alí e eles íana visitar todos os días.

martes, 27 de mayo de 2008

Semana da poesía

Ola!! Esta entrada fixémola entre Olaya e eu.

O luns fomos ver unhas exposicións de poesía que fixeron os alumnos de primeiro de bacharelato.
O primeiro que vimos foi un vídeo baseado nun libro de poesía.Que trataba do abuso das persoas. Despois fomos ata onda Marcos e Andrés, nel tiñamos que ler un poema e logo facíannos preguntas sobre el e si acertabamos deixánbannos tirar cos dardos e dentro do globo había un papel que con el entrábamos nun sorteo dunha televisión pero ó final era de cartón. Logo achegámonos ata donde estaba Alba. O traballo dela e máis dos seus compañeiros trataba de escribir ou debuxar o que che expresaba algún poema dese libro. Seguimos vendo traballos e fomos xunto a Sofía e máis Águeda as cales fixeron un traballo no cal tiñas que ler un poema e poñer unha foto na cal expresaba algo dese poema. Se acertábamos dábannos unhas gominolas. Máis tarde fomos xunto a Sara quen nos mostrou un vídeo con poemas os cales tiñamos que ler,logo ela quitábanos algunhas letras do poema e tíñamos que adiviñar cales eran. Por último, estivemos vendo un vídeo e despois de velo pasáronnos un cuestionario sobre el, según foramos acertando dábannos golosinas. Despois de contestar as preguntas mandáronnos escribir nun papel a sentimento que nos producía o poema e tiñamos que coller un papel cun número e recitábannos un poema e tamén dábannos un diploma.

martes, 13 de mayo de 2008

Relato pequeno

Un día ía Ana pola estrada e atopou unha moeda de cinco céntimos. Pensou que sería unha moeda calquera pero equivocouse. Unha hora máis tarde de atopala tocoulle un coche. Cando volvía para a casa pensou en regalarlle a súa filla un unicornio, xa que fora ela quen lle dera a papeleta do sorteo do coche. Chegou á casa e deullo, ó final estaban as dúas contentas e todo grazas a cinco céntimos.

martes, 6 de mayo de 2008

Ola comentade aquí o meu vídeo.

martes, 22 de abril de 2008

Mónologo interior


Ola o que vou escribir é un monólogo interior. Esta historia trata dunha muller que pensa o que vai facer ó longo do día.



Teño que ir pola pescadería e máis pola panadería. Espero que se acorde de vir porque lle teño un regalo. Penso que sae ás cinco pero non estou segura. Logo de ir buscala teño que pasar pola casa de miña nai. Non sei se quedara Olaya a cear hoxe. A ver se me trae o que lle encarguei. Espero que me dea tempo de pasar pola librería. ¿Traerá á súa filla? A ver se veño cedo para preparar a cea.

martes, 25 de marzo de 2008

A segunda avaliación

OLA!!!!!


Logo das curtas vacacións de Semana Santa volvo estar aquí para contarvos como me foi na segunda avaliación.


As notas non foron tan malas, se as comparo coas da primeira. Aínda que foron moi baixas, non hai queixa. A verdade é que non fixen moito pero algo estudei porque senón non me deixaban ir á excursión. Deixei dúas historia e física e química, pero nesta avaliación conto sacar o curso adiante e non deixar ningunha para setembro.





Non sei que máis contar así que xa escribirei outro día. Chaooooo

miércoles, 5 de marzo de 2008

Lancelot e Xenevra



Nesta fotografía vese a Lancelot e Xenevra no medio do bosque. Ela marchou da casa onde vivía con Artur o seu home.

Mentres ela estaba con Lancelot, Galván un nobre, foi ata o castelo contarlle a Artur o que pasaba no bosque. O rei cabalgou ata alí e viunos. Lancelot foise de aquel lugar e non volveu aparecer.

Don´t stop the music