martes, 18 de diciembre de 2007

O exame

É un rapaz de pouca estatura 1,70 cm aproximadamente, delgado,con pernas e brazos pequenos para a súa estatura. As mans pequenas e os dedos finos. Ten pelo negro e curto, os ollos pequenos de cor escura e cunhas cellas grosas; o nariz pequeno e os beizos finos.


Viste con roupa frouxa e moderna. É moi elegante guapo e actractivo. Na imaxe leva unha rosa na man.




Pola cara que ten na fotografía parece cariñoso, bon rapaz, e moi alegre, aínda que algo fachendoso.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Quérote



Onte tivemos unha charla sobre o sexo, durou dúas horas e para o meu punto de vista estivo moi ben. A charla déunola unha sexóloga chamada Noa quen nos explicou moitas cousas.



Primeiramente estivemos recordando cousas das que xa faláramos o ano pasado. Fixemos unha choiva de ideas relacionadas co tema, da cal saíron moitas palabras aínda que puderon ser máis.



En segundo lugar explicounos o que era o sexo. Este non consiste soamente na práctica senón tamén nos aloumiños que se dá a parella e o respecto que ten que existir entre ela.



Despois díxonos unhas maneiras moi raras coas que se pode excitar unha persoa. A cal me chamou máis a atención foi a dun home que só se excitaba coa súa parella se esta levaba zapatos de tacón.



Para finalizar deunos un preservativo e un test para comprobar o que sabiamos.

jueves, 15 de noviembre de 2007

Así son eu

Ola chámome María teño 15 anos e son de Belesar. Son unha rapaza de ollos claros, pelo liso longo e oscuro. A miña complexión e delgada e de estatura media para os anos que teño. O meu cáracter cambia moito según coas persoas que estea. Son tímida aínda que cando collo confianza son máis ben extrovertida.

Gústame pasear cos amigos, estar ca familia e o que máis me interesa é escoitar música. Non me gusta estudar historia, que meus pais me rifen polas notas, e non soporto a xente pesada.

Por último fago este blog para a clase de técnicas de expresión escrita e espero pasalo ben.

miércoles, 24 de octubre de 2007

A benvida a este mundo de bloggers

Chámome María teño 15 anos e hoxe comezo neste mundo de bloggers na clase de técnicas. Os meus pasatempos son: estar cos amigos e escoitar música. Neste blog espero non cometer faltas de ortografía e pasalo tempo.

Don´t stop the music