Ola chámome María teño 15 anos e son de Belesar. Son unha rapaza de ollos claros, pelo liso longo e oscuro. A miña complexión e delgada e de estatura media para os anos que teño. O meu cáracter cambia moito según coas persoas que estea. Son tímida aínda que cando collo confianza son máis ben extrovertida.
Gústame pasear cos amigos, estar ca familia e o que máis me interesa é escoitar música. Non me gusta estudar historia, que meus pais me rifen polas notas, e non soporto a xente pesada.
Por último fago este blog para a clase de técnicas de expresión escrita e espero pasalo ben.

No hay comentarios:
Publicar un comentario