jueves, 29 de mayo de 2008

A casa misteriosa.

Un día estaba un grupo de rapaces xogando no parque cando, un deles viu ó lonxe unha casa moi grande e algo extraña. Decidiron ir ata alí todos e mirar o que era. Cando chegaron alí descubriron que naquela grande casa vivía unha rapaza de curta idade. Os rapaces decidiron entrar alí e descubrir algo máis dela.



Ó principio cando a viron naquel salón tan grande non sabían que facer pero logo comezaron a falar con ela. Andrea asustada díxolles que vivía soa debido a que seus pais faleceran e non tiña ningún familiar que a coidara. Era unha rapaza con cabelo longo e loiro, non moi alta xa que só tiña dez anos, era delgada. Os seus ollos azuis eran pequenos igual que a súa boca, o seu nariz e as súas orellas.

Tiña un caráter moi bo xa que, era unha rapaza moi positiva aínda que algo vergoñenta.



Ela contoulles que naquela casa se sentía moi soa debido a que dende que morreran seus pais non falara con ninguén, era coas primeiras persoas que conversaba. Cando os rapaces se deron conta da hora que era decidiron marchar, pero prometéronlle á rapaza que ó día seguinte volverían.



Cando chegaron chegaron alí ó día seguinte decidiron ir dar un paseo todos xuntos para mostrarlle como era aquel lugar. Cando regresaron de dar o paseo a aquela casa sentían que alguén os vixiaba. Déronse a volta e viron a un extraño home na cociña. Escaparon todos asustados de alí e levaron a Andrea para unha casa que tiñan nun lugar que solían habitar xa que, ela non quería volver para aquel lugar logo de ver a aquel home. Dende aquela ela viviu alí e eles íana visitar todos os días.

martes, 27 de mayo de 2008

Semana da poesía

Ola!! Esta entrada fixémola entre Olaya e eu.

O luns fomos ver unhas exposicións de poesía que fixeron os alumnos de primeiro de bacharelato.
O primeiro que vimos foi un vídeo baseado nun libro de poesía.Que trataba do abuso das persoas. Despois fomos ata onda Marcos e Andrés, nel tiñamos que ler un poema e logo facíannos preguntas sobre el e si acertabamos deixánbannos tirar cos dardos e dentro do globo había un papel que con el entrábamos nun sorteo dunha televisión pero ó final era de cartón. Logo achegámonos ata donde estaba Alba. O traballo dela e máis dos seus compañeiros trataba de escribir ou debuxar o que che expresaba algún poema dese libro. Seguimos vendo traballos e fomos xunto a Sofía e máis Águeda as cales fixeron un traballo no cal tiñas que ler un poema e poñer unha foto na cal expresaba algo dese poema. Se acertábamos dábannos unhas gominolas. Máis tarde fomos xunto a Sara quen nos mostrou un vídeo con poemas os cales tiñamos que ler,logo ela quitábanos algunhas letras do poema e tíñamos que adiviñar cales eran. Por último, estivemos vendo un vídeo e despois de velo pasáronnos un cuestionario sobre el, según foramos acertando dábannos golosinas. Despois de contestar as preguntas mandáronnos escribir nun papel a sentimento que nos producía o poema e tiñamos que coller un papel cun número e recitábannos un poema e tamén dábannos un diploma.

martes, 13 de mayo de 2008

Relato pequeno

Un día ía Ana pola estrada e atopou unha moeda de cinco céntimos. Pensou que sería unha moeda calquera pero equivocouse. Unha hora máis tarde de atopala tocoulle un coche. Cando volvía para a casa pensou en regalarlle a súa filla un unicornio, xa que fora ela quen lle dera a papeleta do sorteo do coche. Chegou á casa e deullo, ó final estaban as dúas contentas e todo grazas a cinco céntimos.

martes, 6 de mayo de 2008

Ola comentade aquí o meu vídeo.

Don´t stop the music