martes, 27 de mayo de 2008

Semana da poesía

Ola!! Esta entrada fixémola entre Olaya e eu.

O luns fomos ver unhas exposicións de poesía que fixeron os alumnos de primeiro de bacharelato.
O primeiro que vimos foi un vídeo baseado nun libro de poesía.Que trataba do abuso das persoas. Despois fomos ata onda Marcos e Andrés, nel tiñamos que ler un poema e logo facíannos preguntas sobre el e si acertabamos deixánbannos tirar cos dardos e dentro do globo había un papel que con el entrábamos nun sorteo dunha televisión pero ó final era de cartón. Logo achegámonos ata donde estaba Alba. O traballo dela e máis dos seus compañeiros trataba de escribir ou debuxar o que che expresaba algún poema dese libro. Seguimos vendo traballos e fomos xunto a Sofía e máis Águeda as cales fixeron un traballo no cal tiñas que ler un poema e poñer unha foto na cal expresaba algo dese poema. Se acertábamos dábannos unhas gominolas. Máis tarde fomos xunto a Sara quen nos mostrou un vídeo con poemas os cales tiñamos que ler,logo ela quitábanos algunhas letras do poema e tíñamos que adiviñar cales eran. Por último, estivemos vendo un vídeo e despois de velo pasáronnos un cuestionario sobre el, según foramos acertando dábannos golosinas. Despois de contestar as preguntas mandáronnos escribir nun papel a sentimento que nos producía o poema e tiñamos que coller un papel cun número e recitábannos un poema e tamén dábannos un diploma.

3 comentarios:

sr. rodriguez dijo...

Ola. Moi ben e moi ampla a redacción sobre a semana da poesía.
Saúdos

Anónimo dijo...

Ola a entrada esta ben veña paslo ben

adrián dijo...

ola ke tal?? a entrada está ben.un saudo.

Don´t stop the music