
Onte tivemos unha charla sobre o sexo, durou dúas horas e para o meu punto de vista estivo moi ben. A charla déunola unha sexóloga chamada Noa quen nos explicou moitas cousas.
Primeiramente estivemos recordando cousas das que xa faláramos o ano pasado. Fixemos unha choiva de ideas relacionadas co tema, da cal saíron moitas palabras aínda que puderon ser máis.
En segundo lugar explicounos o que era o sexo. Este non consiste soamente na práctica senón tamén nos aloumiños que se dá a parella e o respecto que ten que existir entre ela.
Despois díxonos unhas maneiras moi raras coas que se pode excitar unha persoa. A cal me chamou máis a atención foi a dun home que só se excitaba coa súa parella se esta levaba zapatos de tacón.
Para finalizar deunos un preservativo e un test para comprobar o que sabiamos.

1 comentario:
ola a tíua entrada é moi chula.. fixeronvos demostración ou non hubo oportunidade...
un biko maria.. que teñas moita sorte..por estes lares..
coidate...
voltarei
Publicar un comentario