Un día estaba un grupo de rapaces xogando no parque cando, un deles viu ó lonxe unha casa moi grande e algo extraña. Decidiron ir ata alí todos e mirar o que era. Cando chegaron alí descubriron que naquela grande casa vivía unha rapaza de curta idade. Os rapaces decidiron entrar alí e descubrir algo máis dela.
Ó principio cando a viron naquel salón tan grande non sabían que facer pero logo comezaron a falar con ela. Andrea asustada díxolles que vivía soa debido a que seus pais faleceran e non tiña ningún familiar que a coidara. Era unha rapaza con cabelo longo e loiro, non moi alta xa que só tiña dez anos, era delgada. Os seus ollos azuis eran pequenos igual que a súa boca, o seu nariz e as súas orellas.
Tiña un caráter moi bo xa que, era unha rapaza moi positiva aínda que algo vergoñenta.
Ela contoulles que naquela casa se sentía moi soa debido a que dende que morreran seus pais non falara con ninguén, era coas primeiras persoas que conversaba. Cando os rapaces se deron conta da hora que era decidiron marchar, pero prometéronlle á rapaza que ó día seguinte volverían.
Cando chegaron chegaron alí ó día seguinte decidiron ir dar un paseo todos xuntos para mostrarlle como era aquel lugar. Cando regresaron de dar o paseo a aquela casa sentían que alguén os vixiaba. Déronse a volta e viron a un extraño home na cociña. Escaparon todos asustados de alí e levaron a Andrea para unha casa que tiñan nun lugar que solían habitar xa que, ela non quería volver para aquel lugar logo de ver a aquel home. Dende aquela ela viviu alí e eles íana visitar todos os días.

10 comentarios:
- Cantas colores había que usar??
- Revísalle a ortografía.
- "Cando os rapaces se deron conta da ora que era decidiron marchar pero prometéronlle á rapaza que ó día seguinte volverían." Ponlle as comas e corríxelle o erro gravísimo.
- pero... quen era o home??? Por que lle dá medo?? Por que non quere volver??
Ola. A historia é boa e orixinal.
Saúdos
ola que tal a entrada esta ben
ola que tal
a entrada e bastante boa que teñas sorte cuidate.
ola a historia está ben.un saudo.
ola que tal a entrada esta ben un biko
Ola.
A descrición da rapaza é moi boa.
A historia é boa, pero penso eu que non trata moita sobre unha casa encantada.
Saúdos.
Ola.
A entrada esta ben e os rapazes xa tiñan vo valor pa entrar na casa, porque eu se atopo unha casa así non se me pasa pola cabeza entrar. As cores compaxinan moi ben e é moi bonita
Pobre rapaza, morreronlle os pais...
A descripción de Andrea moi completa
ben!!!
pero... non miraches as repeticións ;((
Publicar un comentario